Nunca, ao falares galego, digas "eres". Nin o escribas. É un castelanismo innecesario. Verás axiña por que; se o non soubeses xa...
En latín tiñamos, no presente de indicativo, ES para a segunda persoa e EST para a terceira. Andando o tempo, aconteceu que o -T final se deixou de pronunciar. De resultas, ocorreu un fenómeno de sincretismo entre dúas unidades moi próximas, cun risco moi grande de ambigüidade e mesmo de incómoda confusión na praxe comunicativa. Había, coma sempre, varias posibilidades de escudir este risco, e as linguas resultantes da evolución diferenciada do latín resolveron de maneiras distintas tal situación problemática.
Reparemos na solución francesa. Na escrita, o francés mantén a forma gráfica latina: es e est, respectivamente. Na oralidade, que é o que máis importa e onde o risco de ambigüidade é maior, esas formas non ofrecen diferenza fonética ningunha. A ambigüidade resólvese, como tantas outras veces na conxugación francesa, mediante a anteposición dos pronomes persoais correspondentes, tu e il/elle, respectivamente; moi coherentemente, por certo, co xenio e o sistema desta lingua. Teñamos en conta que aime (je), aimes, aime (il/elle), aiment e aime (tu, imperativo) son formas que corresponden a nove unidades distintas en canto ao contido -inclúase o presente de subxuntivo- e, aínda así, todas elas se realizan cunha mesma materialización fonética. Só o pronome persoal que as precede ou segue, e mais o contexto sintáctico, as desambigúan, sen resíos de confusión, na fala oral; e na escrita, segundo os casos.
A solución do bloque galego-portugués foi outra. A caída do -T final latino fíxo confluír ambas persoas na forma es, realizada con "e" aberto para os dous valores. Como o galego non xeralizou o emprego das formas suxeito do pronome persoal ante as formas verbais, debeu botar man dun recurso diferente. Este consistiu en simplemente facer caer o -s final na terceira persoa do presente de indicativo do verbo ser; moi coherentemente, obsérvese aquí tamén, co xenio e o sistema da lingua. Efectivamente, na conxugación galega as formas da terceira persoa non rematan en -s, senón regularmente en vogal -a ou -e, e xustamente pola ausencia dese -s se distinguen formalmente da segunda persoa. Ou sexa -vamos aos exemplos-, é é a es como ama é a amas, quere é a queres, ve é a ves... En conclusión, o galego resolveu moi satisfactoriamente a problematicidade da colisión homonímica daquelas dúas formas da conxugación latina e, polo tanto, non ten necesidade ningunha de lle tomar emprestada ao castelán a súa particular e ben estraña solución.
O que fixo o castelán foi engordar o corpo fonético da forma es da segunda persoa e para iso botou man de eres, forma esta que no antigo se usara para a segunda persoa do futuro e que daquela ficaba libre porque o seu lugar estaba ocupado pola perífrase ser has, logo serás. Obsérvese que a solución castelá, aínda que non se lle poida negar lexitimidade, nin orixinalidade, é menos coherente do que as solucións francesa e galego-portuguesa. Supón unha dobre irregularidade: unha terceira persoa rematada en -s, contra o usual e adoitado no sistema, e a introdución dun estrañísimo novo morfema gramatical para a formalización do contido "segunda persoa do presente de indicativo".
Velaquí as razóns polas que nunca debes en galego dicir "eres". Xa sei que me podes obxectar que ata Rosalía o fixo, sobre todo nalgúns versos dun grande e emblemático poema:
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila.
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Se contarmos as formas remarcadas con cursiva, acharemos para unha mesma unidade lingüística dúas formas gráficas e morfolóxicas: es, con sete ocorrencias, e eres, con dúas. Semella ben que Rosalía recorreu ao castelanismo por mor da medida e eufonía dos versos en que a introduciu. O resultado estético é bo; porén o sistema e a norma da lingua resultan magoados. Non a todos, está claro, se lles pode pedir todo. O poeta pode desviarse da norma sen dano para o produto estético.
Nota.- Observaranse no texto rosaliano outras incorreccións (segundo a norma prescritiva e tamén segundo a descritiva tradicional): "si" por "se" e "i" por "e", principalmente. A lingua de Rosalía amosa numerosos castelanismos, ben doados de explicar nunha muller de formación vilega e castelanófona, á parte dos xa presentes no galego oral que aprendeu ou ouviu sendo nova. Eses que enriba sinalamos, débense á primeira causa referida, non a esta segunda.
domingo, 21 de dezembro de 2008
segunda-feira, 13 de outubro de 2008
Acendimos ou acendemos?
Un dos trazos que amosa ben ás claras estarmos axeitando o galego á norma castelá é a moi estendida tendencia pola que, para a cuarta persoa do pretérito de indicativo, escribimos ou dicimos acendimos, comimos, corrimos, etc., no canto de acendemos, comemos, corremos... A causa non é leviá. O propio sistema de noso resulta violentado. Que razón había para que introducísemos ese cambio? Verdadeira e boa, ningunha. Para que se afiance e apareza ata en libros e revistas que se supón pasaron por un trámite de corrección lingüística, hai menos razóns aínda. Un feito e o outro só se explican pola influencia do sistema e norma da lingua castelá, que, como se sabe, nos verbos da segunda conxugación distingue morfoloxicamente se nos referimos a un momento anterior ou ben a outro coextensivo co tempo da enunciación, é dicir, se usamos o pretérito (cogimos) ou ben o presente (cogemos).
Non vale a razón de que convén desfacer a ambigüidade que se produce ao empregarmos unha única expresión para dous valores bastante diferentes. Dar por boa esta razón levaríanos a importar tamén do castelán a variante vulgar cantemos, moi espallada por toda España, para o pretérito, fronte a cantamos, empregándomos esta só para o presente. E así teriamos no presente da primeira conxugación: canto - cantas - canta - cantamos - cantades - cantan, e no pretérito perfecto: cantei - cantaches - cantou - cantemos - cantastes - cantaron. Por este camiño acadariamos asemade os obxectivos de castelanizar o sistema galego e avulgarar a súa norma. Mais non se negará a utilidade do recurso. Os que teñen receo en dicir "Antes comemos peixe e agora comemos carne" porque lles parece ambiguo, prefiren dicir "Antes comimos peixe e agora comemos carne". Por esa regra de tres viralles ben dicir tamén "Antes cantemos e agora choramos". Mágoa será para os tales non dispor de tal posibilidade de distinción no caso dos verbos da terceira conxugación. Moi contra o seu gusto terán que dicir "Antes oímos cantar e agora oímos chorar". Que se lle vai facer, a lingua ten estas limitacións! Claro, e o castelán non lles vén botar unha man, pobriños!
Falando xa en serio... Vai sendo hora de que os utentes convencidos da nosa lingua preservemos a súa integridade e non nos convertamos en elos da cadea que move a súa ruína. O castelán prescritivo non estendeu á primeira e terceira conxugacións a diferenciación formal entre presente e pretérito perfecto simple na cuarta persoa deses tempos. Nas formas cantamos e oímos a expresión é a mesma e, aínda así, mantense a diferenza de contido. O contexto verbal (adverbios de tempo e outros deícticos temporais) e o contexto situacional, ademais da realidade á que refire o discurso, son parte tamén da linguaxe. Estes elementos son abondos para desambiguar calquera expresión. Isto mesmo acontece en galego, e non só con cantamos e oímos, senón tamén con comemos e formas semellantes de todos os verbos regulares da segunda conxugación. Isto é o tradicional na norma e no sistema da lingua galega. Cunha avantaxe, se se quere, en comparación co castelán: o sistema e a norma tradicional de noso son uniformes, neste punto, para as tres conxugacións. Nas tres emprega idéntica forma con dous valores temporais diferentes. Este fenómeno ten un nome en lingüística: chámase sincretismo. Consiste na suspensión da manifestación formal, nun paradigma, dunha diferenza de contido que se manifesta formalmente noutros paradigmas análogos. Nos demais tempos da conxugación non se dá sincretismo para a cuarta persoa. Mais ollen. Dáse, por exemplo, en canto a persoa e modo coas formas canta, le, abre... Non é certo que tanto valen para segunda persoa de presente de imperativo como para a terceira do presente de indicativo? Dáse, no referente á persoa, coas formas cantaba, lía, abría... Non si que serven tanto para a primeira como para a terceira persoa do imperfecto de indicativo? O sincretismo non é un fenómeno teratolóxico, non hai por que o corrixir nunca, só o seguidismo castelanófilo explica a preferencia de comimos perante comemos, collimos perante collemos, etc. Corrixámonos e axudemos outras persoas a traballaren na mesma angueira.
Este verán, polas festas grandes da vila, estaba -quen: el, ela, eu?- cuns amigos entre moito público escoitando un grupo folk. A certa altura do concerto un dos músicos presentou a peza que ían interpretar. Dixo dela estar inspirada nun tema popular de certa bisbarra do país, á que se referiu despois con grandes louvanzas para rematar dicindo: "Nesa terra e da súa xente foi moito o que aprendimos ." Haberá quince días tropecei de bruces, na páxina dunha novela premiada haberá unha década e da que xa se fixeron unha ducia de reedicións, con este pelouro: "Na entrada da casa paramos e acendimos uns fachos..." Veña en boa hora o día en que fenómenos destes non acontezan, sequera en situacións e escritos dos que o destinatario é o gran público.

sábado, 6 de setembro de 2008
E e i na conxunción
Un tema me foi proposto recentemente para o seu tratamento nestas lerias, o do uso de i no canto de e para a conxunción coordinante empregada como signo de unión. Exemplos serían: “o pai i o fillo”, “homes i mulleres”, “cebada i avea”, “millo i centeo”... A amiga que me fai a suxestión, apúntame a súa explicación causal. Trataríase dun castelanismo, pois en realidade é a conxunción castelá y a que se está a empregar.
Eu coido que así é, ou pode ser; mais non en todos os casos. Nunha parte bastante extensa de Galiza a conxunción e ten dúas variantes de realización fonética, [ɛ] e [j]. A primeira variante ocorre diante de palabra que comeza por consoante, como en “homes e mulleres”, “centeo e millo”. A segunda, diante de palabras que comezan por vogal, como “mulleres e homes”, “o pai e o fillo”, “cebada e avea”, “tu e el”... Nestes casos, e sempre nesa parte do territorio, a conxunción realízase como semiconsoante prenuclear verbo da vogal inicial da palabra seguinte, producindo asemade o efecto de abrir nun grao esta vogal. E así teremos realizacións fonéticas como [oˈpajjɔˈfiʎo], [θeˈβaðajaˈβea], [ˈtuˈjɛl]. Mentres que, cando ocorre ante consoante, teremos: [ˈɔmesɛmuˈʎɛɾes], [θenˈtewɛˈmiʎo]. Digamos que esta diferenza de pronunciación non ten por que se reflectir na escrita. Nun caso e noutro, parece mellor escribir sempre a mesma grafía, e, que logo realizaremos cun son ou con outro se somos falantes daquelas terras ourensás onde se diferencia, ou se quixermos falar coma eles.
No resto do territorio galego a conxunción e só admite, por norma, a realización consistente en a pronunciar como vogal palatal medioaberta [ɛ], independentemente de que ocorra ante vogal ou ante consoante. De xeito que soará en “o pai e o fillo” [oˈpajɛoˈfiʎo] coma en “pai e fillo” [ˈpajɛˈfiʎo]. Cando alguén a realiza como [i] ou [j] en calquera contexto -por exemplo, [oˈpaj i oˈfiʎo], [oˈpaj joˈfiʎo] e [ˈpaj i ˈfiʎo]-, daquela pódese coidar que se trata dun castelanismo. Nótese que nestas realizacións non se abre a vogal seguinte, cando é o caso. O que quere dicir que non se está seguindo a fala das zonas onde se diferencia a pronunciación segundo o contexto fonético.
Percibo que estas realizacións xa se ouven moito menos do que hai entre corenta e trinta anos. Mesmo diría que, se remanecen, é sobre todo en persoas que naquela altura colleron o vicio e o non soltaron, ou noutras que o aprenderon delas. De por parte, non estou moi seguro de que na súa orixe se tratase realmente dun castelanismo. Se, sincronicamente considerado o fenómeno, así o interpretar hoxe a conciencia dos falantes e dos ouvintes, pois serao, logo. Non constitúe, porén, un fenómeno desacougante. As interferencias contaminantes deben preocuparnos cando as variantes lingüísticas individuais que inducen, adquiren prestixio e collen unha carreira de espallamento, como unha mancha de aceite que se difunde, entre a comunidade lingüística. Se, pola contra, acontece que en vez de se estenderen tenden a recuar, é que se reaxiu eficazmente.
Engado esta "posdata" varios días despois de a entrada ser publicada e de recibir en resposta unha nota da nosa amiga, autora da suxestión inicial, onde advirte que aos políticos, se falan galego, case non se lles ouve dicir e, senón i case sempre e de cote. Cando enriba escribín que posíbelmente este hábito de fala non fora na súa orixe un castelanismo, pensaba precisamente en quen eran os que hai uns corenta anos o adoptaron. Podemos caracterizalos en bloque como xente nova, de formación universitaria, militante ou achegada a partidos políticos de esquerda, fillos da clase media urbá, castelán falantes maternos e neoconversos en canto galego falantes. A súa variedade lingüística era unha xiria, unha lingua especial levóxira -dito sexa sen má intención-, entre cuxos trazos diferenciadores estaba a pronunciación da conxunción e como un son vogal palatal fechado. Por influencia do castelán? Se disto me caben dúbidas é porque eles, eses falantes, tamén do castelán se querían diferenciar, pois incorrían, por cada enunciado que emitían, en un ou dous daqueles inmensos e paveros hiperenxebrismos que tanto nos teñen feito rir. Suxeitos dunha actitude ata ese extremo hipercaracterizadora dificilmente incorrerían nun castelanismo patente, como en aparencia o é o fenómeno que comentamos. Que outra explicación tería, pois logo? Sen estar disto moi seguro, seméllame unha variante debida á "lingua especial" ou xiria dese ambiente específico de acción política, o único en que moitos deles se expresaban en galego. A miña hipótese é que, nun primeirísimo momento, ese trazo é debido a un intento mal logrado de imitar alguén, poida que un utente daquela variedade diatópica onde alternan segundo o contexto fonético as dúas variantes enriba consideradas, e que se cadra deu en axir como modelo de acción, de vida e de fala para esa xente nova que dixemos. Case estou por dicir un nome; porén a tanto xa non me atrevo.

terça-feira, 2 de setembro de 2008
Mo como!
Non sei o que faga...; mais, por lle tirar ferro ao asunto, podiamos comezar esta leria cun gracexo. Unha nena, xogando coa palabra, dicíalle ao amigo, ou irmán, ou curmán...:
– Di “como”.
– Como –pronunciou o outro.
– Así non; dío moitas veces seguidas, todo de carreira.
– Comocomocomocomocomo... –o neno colle aire, non pode máis– mocomocomocomocomoco... –respira de novo...
– Ha, ha, ha! Picaches!
– ... ¿!
– Si, si! Dixeches “moco, moco, moco, moco, moco...!”
Outra escena, con outros actores. Están varios rapaces e rapazas discutindo menos seriamente do que máis. Nun momento dado, un deles fai que se sente ofendido polo que un terceiro dixo ou fixo. Así que, ollando para a compaña e sinalando o presunto ofensor, máis en broma do que en serio chía:
–Mo como!
Construcións morfosintácticas deste tipo son xa moi frecuentes entre os galego falantes de menos de corenta anos. Nos máis vellos desta idade escoitarase algunha vez; todo se contaxia. Nos moi vellos non se oirá, sacado algún raro caso. Onde agora se adoita dicir “Mo como / Cómomo”, “Xa ma sei” (a lección), “Lévoma / Ma levo” (a camisa que acabo de probar), “Pídomos” (os patíns que estamos vendo tras da vidreira)..., nesas situacións e contextos os vellos galegos diciamos: “Cómoo” ou "Que o como!", “Xa a sei”, “Lévoa”, “Eu quéroos”.
Falamos así naturalmente, sen autocorrixirnos. Así nos aprenderon a falar. Hai unha chea de verbos que nunca usaban como pronominais aqueles dos que aprendemos. Mesmo en construcións intransitivas: “Marchamos” e non “Marchámonos”, “Calade” e non “Caládevos”; aínda que alternasen “Vinde” e “Víndevos”, “Imos” e “Ímonos”. O que nunca acontecía era empregaren os verbos transitivos baixo a forma pseudorreflexiva ou pronominal: “comerse algo”, “saberse algo”, “levarse algo”, “pedirse algo”... Isto, pola contra, é normal no castelán oral. Velaí o foco de contaxio. Velaí máis un conduto por onde a norma castelá se está asentando como norma predominante do galego, sobre todo nos seus rexistros baixos.
Ou non tan baixos. Hoxe mesmo leo nun artigo de opinión dun xornal isto: “Hai unha vella sentencia que di que a revolución cómese aos seus líderes [...]”, e un pouco máis abaixo: “[...] e tragouse a moitos dos seus líderes que querían manter a vella utopía”. Ten unha escusa o autor, séndomos un pouco bos. Non é galego falante materno. Nin lingüista. Mais é dos que escriben e teñen moito escrito en lingua galega. E estes fan norma. A ver se toman conciencia da súa responsabilidade e se corrixen.
Damos fin aquí a esta leria sen dicirmos nada sobre outros trazos sintácticos castelanistas que asoman nas expresións citadas, concretamente o referente á colocación dos pronomes átonos (mo, ma, mos...) na cláusula e á construción do complemento directo coa preposición a (aos seus líderes, a moitos dos seus líderes). Son outros temas. Algunha vez os trataremos.
-

domingo, 31 de agosto de 2008
Débese respectalo
Lembremos o tratado en dúas das nosas lerias, as referentes ás construcións do tipo véselle triste e vese triste. Relación estreita con estas teñen aquelas construcións en que se calca o "leísmo" castelán, tema ao que dedicamos a leria inmediatamente anterior á presente.
Nesta quero brevemente comentar unha construción que escoitei hoxe á tarde. Aquel que falaba é un señor de máis de oitenta anos, nado nun coñecido porto pesqueiro da península do Barbanza, de onde saíu case un neno para andar mares e mundos. Desde que se retirou, vive de novo na súa vila natal, aínda que pasa tempadas máis ou menos breves na Coruña e nunha vila da ría de Pontevedra, onde habitan fillos seus, e mais no Canadá, onde mantén aínda casa aberta e ten tamén fillos e netos. Naquelas terras norteamericanas tivo a residencia principal durante os derradeiros anos da súa vida laboral, tras andar embarcado desde adolescente. Este home, que conserva unha moi boa saúde e unha grande autonomía psicofísica, fala varios idiomas, entre eles o inglés e o francés. Mesmo así, a súa fala galega non presenta ningunha pegada das longas e duradoiras singraduras polos mares e terras do mundo atlántico. Escoitalo falar sóame exactamente como me soaba o falar dos meus compañeiros de internado de hai cincuenta anos, nados naquela mesma vila e noutras da contorna. Escoitalo falar é, simplemente, un pracer.
Hoxe, hai unhas horas, estaba el a parolar dunha persoa que ultimamente tentara de o ir visitar á súa vila natal desde aqueloutra da ría de Pontevedra, o que non se puido realizar porque, cando o segundo telefonou con mentes de lle comunicar a visita, el non estaba na casa. Fora pasar aqueles días á Coruña. O noso home manifestábase, ao nos contar o caso, moi contrariado. Aínda que non se culpaba, éralle difícil de aturar a decepción do amigo, que se cadra xa non vai poder realizar a viaxe por cousa do traballo. Entón expresouse textualmente así: "É un bo amigo. Débese respectalo".
Non sei eu quen, eu coido que non, sabería falar con máis propiedade e xusteza. Haberá aqueles que dixesen: "É un bo amigo. Debe ser respectado". Estaría ben dito. Secomasí, non che é o mesmo. Na secuencia Débese respectalo están contidos uns semas secundarios que neste caso resultan enormemente pertinentes no tocante á vertente expresiva da comunicación. No signo de impersonalidade se está expresado o suxeito do "deber" de que se fala; este suxeito é, por unha banda, universal, pois atinxe a todo verdadeiro amigo; mais refire asemade, mediante a voz se, ao propio suxeito falante ou suxeito da enunciación, que así se implica voluntaria e sentidamente como o primeiro a quen ese deber atinxe. É coma se en francés dixésemos "On doit le respecter", traducible tamén á nosa lingua como "Debemos respectalo" ou "Un debe respectalo", traducións ambas nas que o falante, o suxeito da enunciación, se afirma e compromete como suxeito voluntario dese deber. Velaí o segredo da precisión e a propiedade que caracterizan a expresión empregada con toda naturalidade polo noso interlocutor desta tarde.
Poderiamos rematar aquí esta leria, pois o máis importante do que cumpría dicir está dito. Agora ben, xa que vén ao caso da construción explicada relacionala co fenómeno do lleísmo sintáctico, vexamos que a tradución máis normal dela ao castelán sería: "Es un buen amigo. Se le debe respetar". É exactamente, en canto ás funcións sintácticas, parella á secuencia galega empregada polo noso falante, cunha importante diferenza: na secuencia en castelán hai leísmo, úsase le no canto de lo para a substitución pronominal do complemento directo. Ata aquí, ningún problema. O problema serio preséntase cando un galego falante, influído pola norma castelá, dixese: "É un bo amigo. Débeselle respectar". E nós os galegos aturamos isto, case o vemos normal. Os amigos canadenses francófonos do noso home, que entenderían se lles dixermos: " Un bon ami, on doit lui respecter"? O que lle hai que respectar?, preguntarían, se calasen, en silencio. O mesmo tería de ser entre nós se aínda fósemos nós.

quarta-feira, 27 de agosto de 2008
O lleísmo sintáctico
Como vexo que ao falarmos galego estamos sometidos á norma castelá, non me vou domear á ficción de o non estarmos. Así que non terei receo en recorrer ao castelán para entender certas construcións lingüísticas galegas, e moito menos se o fenómeno que se tenta explicar, como é o caso, se explica adecuadamente pola influencia certa e directa da norma castelá.
En castelán existe, como é sabido, unha variante de construción sintáctica denominada "leísmo". Consiste na substitución pronominal do complemento directo, cando o referente é persoa, mediante le e les, formas pronominais que outrora só se empregaban para substitución do complemento indirecto. Recibe tal fenómeno, como foi dito, a denominación de "leísmo". Vamos aos exemplos, que aclaran e ilustran. Supoñamos a oración Espero a mi padre. Outrora, tamén en castelán, só unha substitución pronominal era posíbel: Lo espero. Hoxe en día, a norma, sen excluír totalmente o recurso á construción tradicional, prefire a leísta: Le espero. Se o núcleo da fase nominal é un nome en feminino, coma en Amo a mi madre ou Espero a mis hermanas, tamén neste caso se pode dar a construción leísta. Teriamos entón Le amo e Les espero, respectivamente. Porén, como frecuentemente no contexto verbal precedente apareceron nomes de persoa en masculino, a anfiboloxía resultante é moi difícil de desambiguar. Tal é a razón de máis comunmente se manter neses casos a substitución polas formas pronominais femininas de complemento directo: La amo, Las espero. Finalmente, se a oposición de xénero está neutralizada -coma en Amo a mis padres, Espero a mis hermanos, Saluden (ustedes) a sus hijos-, outra vez a norma castelá prefire a variante leísta: Les amo, Les espero, Salúdenles (ustedes). Aquí o desambiguamento deita doadamente da situación extralingüística e das presuposicións e crenzas contextuais compartidas entre o suxeito e o destinatario da enunciación.
Velaí, brevemente exposta, a norma castelá. Esta é, naturalmente, produto dun cambio lingüístico que, coma todos os demais cambios, comezou a se producir nun punto e momento concretos para, lentamente na maior parte dos casos, se ir estendendo no espazo co tempo. Nesa dinámica de espallamento chegou xa hai moito onda nós e está a piques de se impór como norma tamén para a lingua galega. Eu, particularmente, e coido que moitos coma min, aínda asañamos perante cadeas lingüísticas como:
. Espérolle, de Espero (a) meu pai. Ou de Espero a vostede.
A norma de noso aínda nos convida a dicir Espéroo, ou mellor se cadra Espero por el.
. Ámolles, de Amo (a) meus pais.
Fieis á norma galega non interferida, esperamos ouvir e dicimos Ámoos.
. Saúdenlles, de Saúden (a)os seus fillos.
Teimosos, nós diremos de cote e esperamos ouvir Saúdenos.
Mais, agora, quen non leu algunha vez en algures un texto deste ou semellante teor:
O Director do Centro Cultural comprácese en convidarlle a vostede á inauguración do novo local social, que terá lugar ás 19 horas do próximo día 12. Saúdalle atentamente...
Hai tempo, o director dun instituto de ensino medio mandou aos membros da comunidade educativa mensaxes así codificadas, non co fin de amolar os seus profesores de lingua galega, mais quizais co mellor intencionado de os fornecer de supostos reais que ofreceren ao alumnado para exercicios de corrección lingüística: comprácese en convidalo/la a vostede..., Saúdao atentamente.
Calcos da linguaxe administrativa castelá, podería ser o diagnóstico. De onde ao mellor concluímos que noutras situacións e rexistros o fenómeno non se produce. Conclusión errónea sería. Depende dos falantes, da súa asunción da norma castelá, da súa capacidade de diferenciar códigos e normas, de moitos outros factores e circunstancias. Mais é o certo que o "lleísmo sintáctico" se está espallando pola comunidade lingüística galega con pouca resistencia da norma de noso e dos utentes. De cando en vez óense e, menos adoito, lense textos inzados de ocorrencias desas construcións. A súa erradicación non vos é moi doada. As raíces son xa fondas e vellas. Se non, aténdase a estes versos de Rosalía:
Por que, Dios piadoso,
por que chaman crime
ir en busca da morte que tarda,
cando a un esta vida
lle cansa e lle afrixe?
Aínda así, ninguén vaa pensar que se trata dun fenómeno moi repetido na lingua lírica galega rosaliana. Sen facer unha busca exhaustiva, non se sabería recoller moitos máis casos. Atópanse outras pasaxes onde a construción lleísta, en aplicación da norma castelá, era posíbel e porén non se dá. Por exemplo:
Todas por el reloucaban,
todas por el se morrían;
si o tiñan cerca, sorrían;
si o tiñan lonxe, choraban.
Claro está que os dous últimos versos se traducirían moi ben ao castelán aplicando o leísmo: "si le tenían cerca, sonreían; / si le tenían lejos, lloraban". Se, pola contra, os traducísemos empregando a forma lo, moitos casteláns entenderían que non é o gaiteiro, senón calquera obxecto preferiblemente inanimado, aquilo polo que as mozas choran cando lles falta a súa presenza. En galego e entre galego falantes maternos, tal interpretación non ocorre. Por iso mesmo, o lleísmo sintáctico énos, máis do que superfluo, sobexo e innecesario.

sexta-feira, 22 de agosto de 2008
O neno serodio
Unha amiga que adoita ler estas lerias, ao que leu a anterior, envioume un correo onde dicía:
-A miña nai, falando castelán, sempre dicía "serodio" referíndose aos nenos que nacían tarde, levándose moito cos anteriores...
-Grazas por esa información -resposteille-. Conto co teu permiso para engadila ao artigo? Coido que é un uso importante; axúdanos a ver que era unha palabra corrente con usos diferentes, non hai tanto tempo.
-Iso nin se pregunta -foi a súa resposta-. Pero escoiteina moito, moito. Eu creo que era desas palabras que elas, as tías tamén, dicían porque non atopaban a castelá correspondente, que lle viñera tan ben.
Iso penso eu tamén. Da mesma maneira, case todos os galegos castelán falantes usan a frase en el colo, en vez da súa equivalente castelá en brazos. Aparte doutras causas, que sen dúbida as hai, a principal en casos de interferencias coma estas do galego sobre o castelán de Galicia, é que a normal en castelán lles resulta menos expresiva.
Volvendo ao conto, o caso é que hai menos dun século, cando a nai da nosa amiga e as irmás aprenderon a falar, os nenos que nacían tarde eran chamados "nenos serodios". Eu non volo sabía.
Ao recibir esta información, consultei no TILGA (Tesouro Informatizado da Lingua Galega, do Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago) a palabra serodio, por ver se algún escritor a empregara nese ou semellante contexto. Atopei unha ocorrencia interesantísima:
Pra que un neno serodio avante salla
cibeche, unha medalla,
i os santos Evanxelios trai consigo,
qu'entr'as meigas non faltan avisadas,
i as cousiñas sagradas
son os entorcedoiros do enemigo.
Noriega Varela, A., D'o ermo, Losada, Risco e Noguerol (Editores), Ourense, 1920, páx 83.
Ben se ve aí que o poeta, asemade coa lingua do pobo, reflicte os coidados especiais que as nais procuraban aos nenos serodios, xa que en moitos casos estes debían ser dificilmente vividoiros nun tempo en que a mortalidade infantil xa de por si era alta.
Coidemos nós agora de que o vocábulo serodio reviva e, redivivo, deveña vividoiro.

Subscrever:
Mensagens (Atom)